Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 23/03/2020 | Exercicio de transferencia de Sarela

Recomendacións e consellos das asociacións de dano cerebral galegas

As entidades membro de FEGADACE están a facilitar información de interese para as persoas con DCA.

23/03/2020

Tras a declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno, as asociacións de dano cerebral que pertencen a FEGADACE tiveron que paralizar a súa actividade. A pesar diso, as e os profesionais das diferentes asociacións están a traballar na elaboración de recomendacións, consellos e rutinas para que as persoas con dano cerebral e as súas familias poidan levar do mellor xeito posible o confinamento e a falta das actividades que realizaban nas entidades.

A Asociación Sarela ven de publicar nos últimos días un apartado na súa páxina web no que o seu equipo de profesionais reune informacións e actividades recomendadas a través dunha serie de videos e imaxes que sirven de referencia para traballar coas persoas con DCA na casa. Ademais tamén conta con consellos para levar unha correcta nutrición nestes días e material enfocado na relaxación.

Pola súa banda, ADACE Lugo anunciou a pasada semana a posta en marcha dunha serie de videos con pautas e exercicios para que as persoas con dano cerebral poidan realizar no seu domicilio. Estes videos poden verse nas redes sociais da entidade lucense.

Asi mesmo, as asociacións Alento Vigo e ADACECO están a publicar nas súas redes sociais información para as persoas con DCA e as súas familias co obxectivo de facilitar datos de interese para estas semanas de confinamento na casa.

Arquivada en: