Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© El Dentista Moderno | | Resumo do artigo en El Dentista Moderno

Recomendacións para a abordaxe do dano cerebral no gabinete odontolóxico

Profesionais da Unidade para Persoas con Necesidades Especiais da USC colaboran en El Dentista Moderno.

26/07/2021

As persoas con dano cerebral adquirido presentan múltiples alteracións físicas, cognitivas, sensoriais e emocionais. En consecuencia, é imprescindible a implicación dun equipo multidisciplinar para poder proporcionarlles a mellor atención posible. Neste equipo debe integrarse o/a odontólogo/a, cuxo papel é fundamental para previr e tratar enfermidades orais, que poden condicionar a calidade de vida destes e destas pacientes, xa de seu comprometida. Neste traballo, en base á literatura e á experiencia clínica da Unidade para persoas con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela, recompílanse pautas xerais de manexo odontolóxico para pacientes con dano cerebral adquirido.
 
Autoras: Carolina  Arriagada Vargas, Raquel Gómez Gago e Lucía Sande López.
 
Introdución
 
O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é o resultado dunha lesión súbita no cerebro que pode producir diversas secuelas de carácter físico, psíquico e/ou sensorial, provocando un menoscabo significativo da saúde e da calidade de vida.
 
As principais causas do DCA inclúen os accidentes  cerebrovasculares (ACV), os traumatismos cranioencefálicos (TCE), a anoxia cerebral, os tumores e as infeccións do sistema nervioso central.
 
Segundo a Organización Mundial da Saúde, o DCA representa a terceira causa de morte e a primeira de discapacidade nos/as adultos/as. Constitúe un dos problemas de saúde máis importantes nos países desenvolvidos, debido á súa elevada mortalidade e á morbilidade derivada, definida en termos de secuelas e discapacidade.
 
En España, estímase que residen aproximadamente 40.000 persoas con DCA, das cales o 78% débense a un  ACV. A incidencia anual do ictus é de 150-200 casos por cada 100.000 habitantes, e prodúcense 80.000 novos casos cada ano. A súa prevalencia é maior en homes que en mulleres e aumenta progresivamente coa idade.
 
En termos xerais, as persoas con DCA poden ver afectadas as súas funcións cognitivas e neurolóxicas, provocando perda de memoria, cambios na personalidade e estado anímico da persoa, dificultades para falar e comprender, debilidade muscular, dificultade para camiñar e cambios sensoriais (limiar da dor alterado, e perda de sensibilidade ao tacto e aos cambios de temperatura).
 
A relación bidireccional entre saúde oral e sistémica, e a repercusión directa do estado da cavidade oral na calidade de vida, cobran un especial protagonismo nas persoas con DCA. Manter e no seu caso recuperar a saúde oral destes pacientes entraña unha complexa tarefa na que, ademais dos e das profesionais da Odontoloxía, tamén debe estar implicado o/a paciente e a súa contorna (familiares e/ou persoas coidadoras). O obxectivo deste traballo é establecer unha serie de recomendacións para proporcionar coidados orais ás persoas con DCA e facilitar a súa manexo no gabinete dental, xa que ata a data non se publicaron protocolos estandarizados de actuación para este colectivo.
 
O artigo completo orixinal pode consultarse na páxina web de El Dentista Moderno ou descargarse aquí: Recomendaciones para el abordaje del paciente con daño cerebral en el gabinete odontológico
 
Artigo de Begoña Hermida, directora de FEGADACE, en El Dentista Moderno: A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)