Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Esetena (Wikimedia Commons) | | Fachada do Senado, onde se aprobou a reforma do Código Penal

Reformado o Código Penal para endurecer as penas por imprudencia en accidentes

A modificación inclúe como agravantes o exceso de velocidade e o consumo de drogas e alcol.

18/03/2019 | Madrid

Este mes de marzo aprobouse e entrou en vigor a reforma do Código Penal en materia de imprudencia na condución de vehículos a motor ou ciclomotor, e sanción do abandono do lugar do accidente.

O Senado aprobou por unanimidade esta reforma nunha sesión á que asistiron numerosas asociacións que traballan con vítimas de accidentes de tráfico -entre elas FEDACE-, por seren promotoras e reivindicadoras desta reforma punitiva. Así o recolle o texto da reforma, indicando que "responde a unha importante demanda social, perante o incremento de accidentes nos que resultan afectados peóns e ciclistas por imprudencia na condución de vehículos a motor".

O resultado é que o Código Penal inclúe tres supostos que se van considerar imprudencia grave (exceso de velocidade, consumo de alcol ou consumo de drogas), para os que aumenta, ademais, a punición. Por último, introdúcese como delicto o abandono do lugar do accidente.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Causas