Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 29/11/2022 | Terapia acuática en DCA Ourense

Rehabilitación e fins lúdicos na actividade de 'Terapia acuática' de DCA Ourense

Nas sesións trabállanse actividades da vida diaria, mobilidade, relaxación, marcha ou coordinación.

29/11/2022 | Ourense

A asociación DCA Ourense retomou no mes de novembro a actividade de 'Terapia Acuática'. Este proxecto consiste tanto en sesións individuais como grupais, de entre catro e seis persoas. En todo momento teñen acompañamento de dous profesionais da entidade, o que permite individualizar cada unha das sesións e enfocar obxetivos terapéuticos, educacionais e recreativos.

As sesións inícianse dende os vestiarios, traballando individualmente as actividades básicas e instrumentais da vida diaria, dende a súa planificación ata a súa intervención, como podo ser o vestir e desvestir ou a ducha das persoas usuarias fóra do seu contorno habitual.

Aínda que tamen posúe características lúdicas, o principal obxetivo da actividade é terapéutico:
 
- Favorecer a relaxación,
- Mellorar a circulación,
- Restaurar a mobilidade,
- Fortalecer a musculatura,
- Reeducar a marcha,
- Enriquecer a coordinación e a función.

Traballan con pouca profundidade e temperatura por riba de 30º; desta forma facilítase o manexo e a relaxación da persoa con dano cerebral e aprovéitanse as características da agua:

- Flotabilidade, que axuda desgravando o peso cando existe debilidade-espasticidade para poder activar a musculatura e alcanzar un mallor rango activo.
- Viscosidade, que actúa estimulando os receptores sensoriais reducindo a transmisión de estímulos nocivos.
- Temperatura, que actúa excitando os receptores de calor reducindo estímulos nocivos, e disipando as elevacións de temperatura corporal inducidas polo mesmo exercicio dentro da auga.

Neste obradoiro trabállase cos metodos de Halliwick, Ai-Chi e Bad-Ragaz, usando materias de flotación, lastres acuáticos, pelotas e materiais de aumento de resistencia da auga.

Esta actividade non sería posible sen a colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que permite a DCA Ourense o uso da piscina do pavillón dos Remedios.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense