Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 15/04/2021 | Na parte superior da pantalla, as técnicas de FEGADACE; na inferior, as da Fundación Mujeres

Reunímonos coa Fundación Mujeres para colaborar no apoio ás coidadoras

O obxectivo é organizar actividades formativas que redunden na mellora da súa calidade de vida.

15/04/2021 | Galicia

Esta mañá FEGADACE mantivo unha reunión con dúas representantes da Fundación Mujeres para estudar vías de colaboración en proxectos dirixidos ás mulleres coidadoras de persoas con dano cerebral.

A Fundación leva dez anos traballando no proxecto 'Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras' (SAIC), a través do que organizan obradoiros e outras accións informativas destinadas a acompañar e asesorar ás coidadoras en materias como hábitos saudables, autoestima ou xestión do tempo, sempre co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida.

FEGADACE acaba de presentar o estudo 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero', ao que pretende darlle continuidade informando das súas conclusións e deseñando accións que, en confluencia co obxectivo do SAIC, redunden na mellora da saúde e calidade de vida das coidadoras.

Na reunión, protagonizada por dúas técnicas de cada unha das entidades, presentáronse as accións que ambas entidades desenvolven agora mesmo para as mulleres coidadoras, e deuse un primeiro paso para a colaboración en accións formativas, que se van concretar e presentar ao longo de 2021.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)