Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Plena Inclusión | | O presentador de 'Planeta Fácil' (RNE)

RNE vai emitir en 2022 un informativo de radio doado de entender: 'Planeta fácil'

Acordo entre RTVE e Plena Inclusión España para promover a accesibilidade cognitiva en R5 Todo Noticias.

15/12/2021

Radio Nacional de España vai estrear en xaneiro de 2022 un informativo doado de entender. Este programa é froito dunha iniciativa e acordo con Plena Inclusión, a plataforma que aglutina ás persoas con discapacidade intelectual, que xa emite desde os seus propios medios o informativo 'Planeta fácil TV'.

'Planeta fácil' vaise emitir unha vez ao mes na emisora Radio 5 Todo Noticias. Vai estar presentado por Simón Marco, un mozo con discapacidade intelectual que conduce tamén a versión 'TV' de 'Planeta fácil'.

O programa está ideado para ser doado de entender e facilitar a accesibilidade das persoas con dificultades cognitivas. Trátase dunha secuela que pode estar presente nas persoas con dano cerebral, polo que esta iniciativa é útil tamén para o noso colectivo.

Representantes de RNE e de Plena Inclusión asinaron e presentaron o acordo o 3 de decembro, Día da Discapacidade.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC