Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 18/09/2018 | Usuarios e usuarias de Sarela, de paseo polo Miño

Ruta en lancha polo Miño e visitas culturais nos respiros de Sarela e ADACECO

Actividade para o lecer das persoas con dano cerebral e o descanso dos coidadores e coidadoras.

18/09/2018 | Muros | Zas | Goián (Tomiño)

O ciclo de respiros familiares que FEGADACE promove cada ano rematou, na súa edición de 2018, a pasada fin de semana. O sábado 15 de setembro un grupo de persoas usuarias e profesionais de Sarela pasou o día en Goián, no concello de Tomiño.

O plan da xornada estivo protagonizado por un paseo polo Esapazo Natural do Río Miño nas lanchas especiais do Club Deportivo Sen Amarras. O concello de Tomiño conta cun embarcadoiro accesible no que estas lanchas poden atracar con seguridade e comodidade.

Ao finalizar o paseo, o grupo de Sarela gozou dun xantar na praia fluvial que se atopa á beira da fortaleza de Goián.

Pola súa banda, ADACECO organizou a súa actividade de respiro familiar na última fin de semana de xullo. Un grupo de persoas usuarias da asociación coruñesa pasou o día de excursión por Muros e Zas. Ademais de visitaren a primeira vila, estiveron no Museo do Mar que se atopa nos baixos da Fábrica de Sel, e achegáronse, tamén, ao Pazo de Torres do Allo.

O respiro familiar é unha actividade ideada para favorecer o descanso das persoas coidadoras, que durante un ou máis días quedan exentas de atender á persoa con DCA ao seu cargo. Ademais, serve para promover o goce do lecer e a inclusión social das persoas con dano cerebral, para as que se organizan saídas, excursións, visitas, e outro tipo de actividades lúdicas.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC