Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Máscara

Sabes como teñen que ser os EPIs para adaptarse ás persoas con discapacidade?

Análise do CERMI sobre os requisitos que deben cumprir os equipos de protección individual.

13/11/2020

O CERMI Estatal realizou unha análise dos Equipos de Protección Individual (EPIs), describindo os requisitos precisos para que cumpran coas necesidades das persoas con discapacidade.

En primeiro lugar, o seu deseño e produción debe partir dos principios da accesibilidade universal, o máis sinxelos posible e compatibles con outros apoios, elaborados en materiais que teñan en conta a sensibilidade e tolerancia e seguros.

En canto ás máscaras, presentan un obtáculo fundamental para as persoas xordas, ao imposibilitar a lectura labial. Cómpre que se desenvolvan máscaras homologadas transparentes, de doada colocación, axustables para evitar rozaduras, adaptadas a diferentes trastornos e/ou difucultades respiratorias e orais, e acompañarse de filtros virucidas e bactericidas.

O CERMI tamén detalla unha serie de apoios complementarios ao uso da máscara, como carteis que lembren o seu uso e as demais recomendacións hixiénicas, asistencia persoal para a colocación desa protección facial, a identificación das persoas cunha fotografía -ao non seren recoñecibles con máscara-, e outras.

O comité informa dos requisitos que deben cumprir outros EPIs, como son as mamparas, o xel hidroalcólico, e as bolsas, batas e luvas.

Por último, o CERMI lembra dous aspectos de especial relevancia. En primeiro lugar, que hai que ter en conta o sobrecusto asociado á discapacidade á hora de adquirir EPIs específicos -como as máscaras que contan con determinados filtros-. En segundo, que se manteña a excepcionalidade de uso a persoas que o teñan desaconsellado por cuestións de saúde.

Le o documento completo do CERMI aquí.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19