Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 06/11/2019 | A Conselleira de Política Social durante a súa visita a Sarela

Sarela incrementa as prazas públicas ofertadas no servizo de atención diúrna

A Conselleira de Política Social anunciou o aumento de 6 prazas cubertas pola administración autonómica

06/11/2019 | Santiago de Compostela

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte o centro de día de Sarela, onde anunciou que nos vindeiros días sumaranse 6 novas prazas públicas ás 23 actuais das que dispón o centro. Así, este servizo especializado en dano cerebral adquirido da asociación compostelá contará con 29 prazas cubertas pola administración autonómica das 40 coas que conta o centro.

Durante a visita. a titular da carteira autonómica estivo acompañada pola Secretaria Xeral Técnica, María Francisca Gómez, e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa. Fabiola García eloxiou o traballo que realiza Sarela para mellorar a vida das persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, e destacou a necesidade de seguir traballando conxuntamente co movemento asociativo do DCA.Desde a asociación quixeron trasladarlle a satisfacción por este incremento nos servizos que actualmente prestan ás persoas con esta discapacidade.

A visita rematou cun encontro da Conselleira coas persoas usuarias do centro de día de Sarela, no que tivo a oportunidade de responder ás súas preguntas e inquedanzas, onde destacaron os temas relacionados coa accesibilidade ou o custo do transporte adaptado.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > E despois que?