Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Saúde oral

FEGADACE e a Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais (UPNE) da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciaron, trala concesión do 7º Premio FEGADACE – Miguel Blanco, unha serie de colaboracións co obxectivo común de mellorar a saúde oral, desde a prevención ata o tratamento, das persoas con dano cerebral adquirido.

A Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais nace co obxectivo de derrubar as barreiras que as persoas con discapacidade afrontan para garantir o seu dereito á saúde oral. Hai múltiples obstáculos relacionados coa caracterización da súa discapacidade que dificultan que as persoas con dano cerebral accedan plenamente a unha correcta hixiene bucodental; desde a falta de control da mobilidade (sexa no aspecto físico, motor; ou por falta de concentración, trastornos condutuais, etc.) ata as secuelas que lles son propias, como os problemas ao mastigar ou na deglución.

Esta circunstancia coincide de maneira complementaria co fin último de FEGADACE, que é garantir a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido. Esta está directamente condicionada por unha correcta hixiene e saúde oral, que lles facilite non só a falta de doenzas na boca senón tamén os feitos de respirar, beber ou comer correctamente -con repercusións a nivel nutricional, de saúde xeral e, en última instancia, de autonomía e autoestima persoal.

Información para familiares e persoas con dano cerebral

Exterior do folleto sobre saúde oral para persoas con DCA

Interior do folleto sobre saúde oral para persoas con DCA

Información para profesionais da odontoloxía

Exterior do folleto sobre saúde oral para odontólogos/as

Interior do folleto sobre saúde oral para odontólogos/as

Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral

Cos obxectivos de incrementar o coñecemento mutuo e mellorar a capacitación de todos os equipos profesionais implicados na atención ao dano cerebral adquirido, mesmo desde antes de que se produza (no ámbito da prevención), FEGADACE e a UPNE organizan un Simposio dobre ‘Prevención, diagnóstico e tratamento da saúde oral no dano cerebral’ -primeira xornada- e, máis especificamente, de ‘Nutrición e disfaxia en dano cerebral’ -na segunda xornada-. O programa completo está aquí.