Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 24/11/2021 | Entrega do 9º Premio FEGADACE - Miguel Blanco a SOGARMEF

Se non puideches asistir á Xornada sobre o Dano Cerebral, aquí tes os vídeos

Estudouse o impacto no colectivo do dano cerebral da reforma da capacidade xurídica e de obrar.

24/11/2021 | Santiago

O pasado 13 de novembro tivo lugar a Xornada sobre o Dano Cerebral de FEGADACE, na que se estudou  'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade'. A xornada organizouse na Facultade de Dereito da USC, en Santiago, e retransmitiuse a través de streaming.
 
No marco da Xornada realizouse o acto de entrega do 9º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Sociedade Galega de Medicina Física e Rehabilitación (SOGARMEF).

FEGADACE dispoñibiliza agora os contidos completos separados por conferencias, para facilitar o acceso individualizado a cada relatorio. Ademais, todos os vídeos contan cun espazo reservado para o labor da intérprete de lingua de signos española. Accede a continuación:
 
Apertura e presentación.
• Fernando González Abeijón. Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)
• Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE
• Begoña Hermida Val. Directora de FEGADACE
• Miguel Vieito Villar. Avogado e moderador da Xornada
Concepción, sentido e alcance xeral da reforma.
• Mª Paz García Rubio. Catedrática de Dereito Civil da USC. Membro da Sección Primeira da Comisión de Codificación encargada da elaboración do borrador do proxecto de Lei
Modificacións fundamentais da Capacidade Xurídica e de Obrar das Persoas con Discapacidade na nova Lei.
• María Eugenia Torres Costa. Doutora en Dereito Civil pola USC, Xestora de Entidades Sociais. Membro do equipo de investigación De Conflictu Legum da USC
A aplicación da reforma sen risco de indefensións xurídicas para a persoa con discapacidade.
• Torcuato Recover Balboa. Avogado Especializado en dereitos das persoas con discapacidade intelectual e de desenvolvemento; Coordinador da Rede de Xuristas Plena Inclusión España; Asesor Xurídico de Asociación Española de Fundacións Tutelares
Apoios Voluntarios e Informais. Aplicación práctica da reforma no ámbito notarial.
• Inmaculada Espiñeira Soto. Notaria en Santiago de Compostela
Entrega do 9º Premio FEGADACE-Miguel Blanco a SOGARMEF.
• Luciano Fernández. Presidente de FEGADACE
• Jacobo Formigo. Presidente da SOGARMEF
• Belén Rey. Directora de comunicación da Fundación María José Jove
Un enfoque práctico sobre a actuación da fiscalía na aplicación da reforma.
• Santiago de Miguel Cruces. Fiscal Delegado de Galicia de Civil e Protección a Persoas con Discapacidade
A visión das familias e persoas con dano cerebral sobre a reforma. Beneficios, dúbidas, dificultades.
• Ismael González Lea. Persoa con dano cerebral adquirido, socia da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela
• Carmen Durán Lea. Familiar de Ismael González
• Eugenia Veloso Osuna. Traballadora social de Sarela
 
O vídeo completo, sen cortes, da Xornada sobre o Dano Cerebral, tamén está dispoñible na canle de FEGADACE en Youtube.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)