Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Sensibilización

FEGADACE crea proxectos de sensibilización
para que a poboación
teña máis conciencia sobre que é o dano cerebral.

• Proxecto
Non son o meu dano cerebral

• Curtametraxe
O mundo púxose do revés

• Curtametraxes e exposición
Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

• Cómic
Que sabemos do ictus?

• Proxecto
Baixo o mesmo paraugas

• Novela
Iridium

• Mostra de paneis
CapacitArte

Proxecto
Eu non son o meu dano cerebral

Proxecto que celebra que as asociacións ADACECO, Alento e Sarela
levan 20 anos traballando para mellorar a calidade de vida
das persoas con dano cerebral adquirido, en Galicia.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.
Portada do libro 'Eu non son o meu dano cerebral'

Curtametraxe
O mundo púxose ao revés

Curtametraxe creada por Miguel Gallardo
que trata sobre o dano cerebral adquirido e a discapacidade.

Proxectouse no ciclo de cinema chamado
‘Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema’, no ano 2019.
Todo o programa deste ciclo pódese descargar aquí.

O mundo púxose do revés tamén se presentou nas Xornadas
de Medicina Gráfica da Coruña, en novembro de 2019.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.
Cartel do ciclo de cine e dano cerebral

Curtametraxes e exposición
Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

Curtametraxes e exposición de fotografías que contan á poboación
a realidade que viven as persoas con dano cerebral adquirido.

Punto e seguido explica de que maneira un ictus ou un accidente de tráfico
pódenche cambiar a vida nuns segundos.
Fala das consecuencias que pode ter esta discapacidade,
os apoios que ofrecen as entidades de FEGADACE
e os novos proxectos de vida dos que se pode gozar
tendo dano cerebral adquirido.

Punto e seguido percorre as principais cidades de Galicia cada ano,
desde o ano 2017.

Nos seguintes vídeos podes ver o curtametraxe Punto e seguido
e seis experiencias de persoas que explican como é a súa vida
con dano cerebral adquirido.

Para ver a colección de fotografías podes visitar a colección en liña
facendo clic aquí.

Podes ver o folleto que acompaña á exposición fotográfica
facendo clic aquí.

Este proxecto está subvencionado por Deputación da Coruña,
Obra Social La Caixa e Xunta de Galicia.
Curtametraxes 'Punto e seguido'

Cómic
Que sabemos do ictus?

Páxina 1 da banda deseñada sobre o ictusCómic creado polo ilustrador Miguel Gallardo.
O obxectivo deste proxecto é contar aos mozos
que é o dano cerebral e ensinarlles como poden previr un ictus,
xa que o ictus é a principal causa de dano cerebral adquirido.

Este cómic presentouse a través de obradoiros en cinco institutos
da Coruña e Santiago no ano 2016.

Podes descargar o cómic Que sabemos do ictus?
facendo clic aquí.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.

 

Proxecto
Baixo o mesmo paraugas

Baixo o mesmo paraugasIniciativa da Asociación local de discapacidade de Galicia
para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Este día celébrase cada ano o 3 de decembro.

FEGADACE participa coas súas entidades neste proxecto
nas distintas cidades de Galicia.

 
FEGADACE subvenciona esta actividade co seu propio diñeiro.

Novela
Iridium

Portada do libro IridiumNovela xuvenil protagonizada por unha nena con dano cerebral.
Está escrita polo escritor Francisco Castro
e publicada pola editorial Galaxia.

Iridium presentouse en Vigo en setembro de 2018.
Desde ese día, o autor do libro e a neuropsicóloga de Alento
Amparo Rodicio visitaron 15 institutos, auditorios
e feiras culturais.
Nestes actos falaron da novela
e contaron como é a vida dunha nena con dano cerebral.

FEGADACE subvenciona este proxecto co seu propio diñeiro.

Mostra de paneis
CapacitArte

Mostra formada por paneis que explican o significado
de distintas discapacidades.
Este proxecto creárono CERMI Galicia e a Consellería de Política Social
para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Púxose en marcha no ano 2017.

A mostra seguiuse facendo no ano 2018 con exposicións
dedicadas cada mes a unha discapacidade diferente.
En outubro de 2018 FEGADACE foi a protagonista da mostra
expoñendo paneis sobre o dano cerebral adquirido

Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

Panel exposición CapacitArte Panel exposición CapacitArte