Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Servizo de atención diúrna ocupacional

Servizo dirixido a promover a participación social activa das persoas con DCA a través da inserción sociolaboral, a autonomía persoal e as habilidades sociais

Desde - Hasta: - Actualmente

Este servizo ten a normalización sociolaboral como obxectivo principal a través dun plan de atención individualizado.

Ten tres liñas de acción: a inserción sociolaboral, o axuste persoal, e as habilidades sociais e estratexias para afrontar situacións.

Fase

  • E despois que?

Descrición

  • Inserción sociolaboral:
  1. Orientación e formación para a busca de emprego traballando a alfabetización dixital, a elaboración de curriculums, a preparación de entrevistas, o coñecemento das ferramentas de busca de emprego, etc.
  2. Intermediación e información en empresas e outras entidades na busca de perfís de inserción e demandas de emprego.
  3. Orientación e formación nos estudos, coordinándose cos/as orientadores/as dos centros educativos.
  • Axuste persoal:
  1. Fomento da autonomía persoal para a realización de actividades cotiás e de lecer no seu contorno social.
  2. Realización de actividades de voluntariado no seu contorno máis próximo.
  • Habilidades sociais e estratexias para afrontar situacións:
  1. Adestramento en habilidades sociais co obxectivo de que as persoas coñezan os seus puntos fortes e febles na relación cos e coas demais e que desenvolvan un repertorio de condutas de utilidade para os diferentes ámbitos da súa vida, incidindo especialmente no ámbito laboral.

Asociacións que prestan este servizo

  • Sarela

Emprego con apoio en Sarela