
O servizo de atención ambulatoria céntrase na rehabilitación funcional multidisciplinar e na autonomía persoal nas fases subaguda e crónica
Desde - Hasta: - Actualmente
Unha vez recibida a alta hospitalaria, a persoa con DCA comeza a rehabilitación específica segundo as súas necesidades.
A rehabilitación prestada neste servizo é multidisciplinar, e inclúe tratamentos de fisioterapia, logopedia, psicoloxía / neuropsicoloxía, terapia ocupacional e traballo social. Estas disciplinas interveñen a través de sesións individuais e de actividades grupais. Inclúen terapia acuática, obradoiros, atención a familias...
Este servizo atende persoas de todas as idades, incluíndo nenos e nenas.
Fase
- Subaguda
- Crónica
Descrición
- Rehabilitación integral. Inclúe os tratamentos de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía / neuropsicoloxía, ademais do asesoramento e intervención do traballo social:
- Traballos de atención psicomotriz, adestramento nas actividades da vida diaria (básicas e funcionais), actividade acuática, fitness, pilates, baile, e outros deportes.
- Avaliación e rehabilitación da disfaxia, disfonía, disartria, afasia, e os trastornos pragmáticos da comunicación; apoio a través de sistemas aumentativos e alternativos de comunicación e de técnicas para unha deglución segura.
- Estimulación cognitiva e sensorial, memoria, manexo de alteracións emocionais e condutuais, mellora da autoestima e independencia, terapia canina.
- Recepción das familias e persoas con DCA, asesoramento e tramitación de recursos sociais e prestacións económicas, coordinación con outros dispositivos e acompañamento á familia durante todo o proceso.
- Ocio e inclusión social. Saídas culturais e de lecer, excursións, encontros con familias, festas...
- Obradoiros e actividades grupais. Teatro, boccia, informática, socialización, debate, xestos, manualidades, expresión, carpintería, funcionalidade, horta, cociña, coiro, pintura, xoiería, xabón, xoguetes, barro, textil, memoria, ximnasia de mantemento...
- Atención a familias. Apoio individualizado, terapia de grupo, encontros para familiares, grupos de apoio informal, formación.
- Respiro familiar. Redución da sobrecarga das persoas coidadoras a través de saídas temporais de curta ou longa duración coas persoas con DCA.
- Voluntariado. Habilitación de espazos para a participación social de persoas xubiladas, estudantes e outras en actividades das entidades.
Asociacións que prestan este servizo
- ADACECO
- ADACE Lugo
- Alento
- DCA Ourense
- Sarela