Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Servizo de atención diúrna

O servizo de atención diúrna proporciona atención integral e especializada ás persoas con dano cerebral adquirido en fase crónica

Desde - Hasta: - Actualmente

O servizo de atención diúrna é un recurso específico para persoas con dano cerebral adquirido no que se traballa de xeito integral coa persoa usuaria e coa súa familia respondendo a todo tipo de necesidades co obxectivo de fortalecer a súa calidade de vida.

Este servizo fomenta a mellora e/ou o mantemento das capacidades da persoa con DCA e a súa autonomía persoal a nivel funcional e psicosocial.

A idade mínima para beneficiarse do servizo de atención diúrna son os 16 anos.

Pode estar organizado a media xornada ou a xornada completa (incluíndo ou non comedor); a atención prestada pode ser básica ou de carácter terapéutico; e pode incluír ou non o transporte ata o centro.

Fase

  • Crónica

Descrición

  • Rehabilitación integral. Inclúe os tratamentos de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía / neuropsicoloxía, ademais do asesoramento e intervención do traballo social:
  1. Traballos de atención psicomotriz, adestramento nas actividades da vida diaria (básicas e funcionais), actividade acuática, fitness, pilates, baile, e outros deportes.
  2. Avaliación e rehabilitación da disfaxia, disfonía, disartria, afasia, e os trastornos pragmáticos da comunicación; apoio a través de sistemas aumentativos e alternativos de comunicación e de técnicas para unha deglución segura.
  3. Estimulación cognitiva e sensorial, memoria, manexo de alteracións emocionais e condutuais, mellora da autoestima e independencia, terapia canina.
  4. Recepción das familias e persoas con DCA, asesoramento e tramitación de recursos sociais e prestacións económicas, coordinación con outros dispositivos e acompañamento á familia durante todo o proceso.
  • Ocio e inclusión social. Saídas culturais e de lecer, excursións, encontros con familias, festas...
  • Obradoiros e actividades grupais. Teatro, boccia, informática, socialización, debate, xestos, manualidades, expresión, carpintería, funcionalidade, horta, cociña, coiro, pintura, xoiería, xabón, xoguetes, barro, textil, memoria, ximnasia de mantemento...
  • Atención a familias. Apoio individualizado, terapia de grupo, encontros para familiares, grupos de apoio informal, formación.
  • Respiro familiar. Redución da sobrecarga das persoas coidadoras a través de saídas temporais de curta ou longa duración coas persoas con DCA.
  • Voluntariado. Habilitación de espazos para a participación social de persoas xubiladas, estudantes e outras en actividades das entidades.

Asociacións que prestan este servizo

  • ADACECO
  • ADACE Lugo
  • Alento
  • Sarela

Estampa no centro de día de Sarela