Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Servizo de atención diúrna

O servizo de atención diúrna proporciona atención integral e especializada ás persoas con dano cerebral adquirido en fase crónica

Desde - Hasta: - Actualmente

O obxectivo deste servizo é manter ou mellorar as capacidades
de cada persoa para que teña unha maior autonomía persoal
e mellor calidade de vida.

En atención diúrna trabállase coa persoa con dano cerebral
cando está na fase subaguda e na crónica.
Tamén se traballa coa súa familia.

A idade mínima para participar neste servizo é de 16 anos.

Que ofrece este servizo?

• Rehabilitación completa con tratamentos de fisioterapia,
logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía,  neuropsicoloxía
e traballo social.

• Lecer e inclusión social: saídas culturais e de lecer, festas,
excursións e encontros con familias.

• Obradoiros e actividades culturais: teatro,  boccia, debate, cociña,
manualidades, horta, pintura e ximnasia, entre outras actividades.

• Atención a familias: apoio a cada persoa, terapia de grupo,
encontros para familiares e formación.

• Respiro familiar: saídas e viaxes coas persoas con dano cerebral
para que quen lles coida cada día poidan descansar.

• Voluntariado: espazo para que as persoas que queiran participar
nas actividades das entidades poidan facelo.

Asociacións que prestan este servizo

  • ADACECO
  • ADACE Lugo
  • Alento
  • Sarela

Estampa no centro de día de Sarela