Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 24/03/2020 | Servizos dos concellos galegos pola crise do COVID-19

Información dos servizos dos concellos galegos ante a crise sanitaria do COVID-19

FEGADACE elaborou un listado dos contactos facilitados polos concellos de toda Galicia.

24/03/2020 | Galicia

A declaración do Estado de Alarma o pasado 14 de marzo provocou a mobilización de todas as institucións para poder atender as necesidades que xurdiron na poboación pola crise sanitaria do COVID-19. Así, os concellos de toda Galicia facilitaron a través das súas páxinas web, contas en redes sociais e bandos municipais unha serie de servizos para a atención de persoas dependentes como doutros colectivos con diferentes necesidades.

A Federación Galega de Dano Cerebral ven de recopilar todas estas informacións nun breve listado que amosa teléfonos de contacto e outro tipo de servizos postos en marcha por cada un dos concellos galegos para atender á súa poboación. Esta información actualizarase coa introdución de novas medidas tomadas por cada unha das entidades locais.

Podes descargar o listado completo na seguinte ligazón

 

Arquivada en: