Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | 21/04/2021 | As asociacións de dano cerebral temos algo que contarche

Temos algo que contarche: as asociacións de dano cerebral podemos axudarche

Profesionais das asociacións de FEDACE explícanche o labor de atención e rehabilitación en cinco vídeos.

21/04/2021

As entidades agrupadas en torno á Federación Española de Daño Cerebral lanzamos hoxe unha campaña porque "temos algo que contarche", e é que, a pesar da pandemia da COVID-19, estamos aquí para axudarche.

Ao longo de cinco vídeos que iremos lanzando desde hoxe e nas vindeiras semanas, unha selección de profesionais de todas as asociacións de FEDACE explican o seu labor. Desde o punto de vista da logopedia, da neuropsicoloxía, da educación social, e de tantas outras implicadas na rehabilitación e atención integral á persoa e á familia con dano cerebral, as nosas técnicas e técnicos expoñen o seu traballo.

Desde que se permitiu a reapertura dos nosos centros as persoas con dano cerebral foron incorporándose de novo ás súas terapias, pero aínda hai persoas con medo a contaxios, moitas que non foron vacinadas, e novos casos de dano cerebral que aínda non nos coñecen.

Por iso queremos lembrar que, se tiveches un ictus, un accidente, ou calquera outra das causas do dano cererebral, estamos aquí para axudar.

#TenemosAlgoQueContarte

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)