Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

O testamento solidario

As túas propiedades e patrimonio poden converterse en calidade de vida para as persoas con dano cerebral adquirido a través do testamento solidario.

Que se pode deixar?

  • Herdanza: unha parte do teu patrimonio, diñeiro ou accións
  • Legado: un ben concreto (inmobles, xoias, coches, obras de arte...)

As ONG non están suxeitas ao Imposto de Sucesións, polo que a doazón chegará de forma íntegra á Federación.

A quen beneficio?

Ao conxunto de persoas e familias con dano cerebral adquirido, xa que o testamento solidario permitirá a adquisición de produtos e a execución de campañas e programas destinados a mellorar a súa calidade de vida.

Pode xerar algún problema aos meus herdeiros/as?

En ningún caso. De feito, a única limitación legal do testamento solidario é respectar a herdanza lexítima, destinada aos denominados herdeiros forzosos.

Como colaborar con FEGADACE a través do testamento solidario?

O tratamento é persoal e individualizado. Ponte en contacto connosco por teléfono, correo electrónico ou na nosa sede, e asesorarémoste.