Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 10/06/2022 | Travesía Nado Polo Dano Cerebral

16 de xullo: Travesía a Nado Polo Dano Cerebral en Vilaxoán

FEGADACE, Arousaman e Aitor de Luis lanzan unha nova iniciativa deportiva solidaria; a inscrición está aberta.

20/06/2022 | Vilagarcía de Arousa

A Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) vai ser o escenario da primeira Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que organizan FEGADACE e a Asociación Arousaman o día 16 de xullo.

Unha actividade que segue a liña de sensibilización a través do deporte e de promoción da actividade física para a prevención que está a desenvolver a Federación Galega de Dano Cerebral, e que forma parte do proxecto integral 'Nado polo dano cerebral', a través do que un grupo de persoas usuarias das asociacións de FEGADACE están a recibir formación en deporte acuático.

A Travesía a Nado Polo Dano Cerebral é tamén unha iniciativa solidaria e de sensibilización sobre a situación do colectivo de persoas e familias con dano cerebral, que servirá para visibilizar o deporte adaptado e as necesidades terapéuticas, de rehabilitación e de inclusión que ten o noso colectivo.

Inscrición e Dorsal 0

A inscrición na Travesía está aberta desde hoxe ata o 10 de xullo ás 23:59 e pode tramitarse a través desta ligazón:
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
 
Existen dúas modalidades: 900 e 1.800 m. O importe é o mesmo: 20 euros, e en ambos casos inclúe a entrega de gorro e camiseta. O pagamento pode realizarse de dúas maneiras:

1) Por transferencia bancaria a través do número de conta ABANCA ES73 2080 5355 6530 4004 3248:
 
BENEFICIARIO: Federación Galega de Dano Cerebral
CONCEPTO: Polo Dano Cerebral + nome e apelidos da persoa participante
Enviar resgardo / documento de pago ao enderezo electrónico polodanocerebral@fegadace.org cos seguintes datos:
  • ASUNTO: INSCRICIÓN NADO POLO DANO CEREBRAL
  • NOME E APELIDOS DA PERSOA PARTICIPANTE OU PERSOAS PARTICIPANTES (no caso de facer varios pagos en concepto de inscrición)

2) A través de BIZUM:
 
  1. Entra na aplicación de banca móbil: BIZUM
  2. Seleccionar “Enviar diñeiro a unha ONG”
  3. Introducir o Código da Federación Galega de Dano Cerebral: 05712
  4. Indicar importe: 20€
  5. Concepto: Polo Dano Cerebral + nome e apelidos da persoa participante
  6. Facer captura de pantalla e enviala ao enderezo electrónico: polodanocerebral@fegadace.org cos seguintes datos:
  • ASUNTO: INSCRICIÓN NADO POLO DANO CEREBRAL
  • NOME E APELIDOS DA PERSOA PARTICIPANTE OU PERSOAS PARTICIPANTES (no caso de facer varios pagos en concepto de inscrición)
As persoas que queiran colaborar e non poidan asistir tamén teñen a posibilidade de realizar unha doazón por calquera dos devanditos métodos para o Dorsal 0.

Organización da Travesía

Esta actividade vai ter lugar o sábado 16 de xullo ás 17:00. A validación da inscrición e recollida de materiais (camiseta e gorro) estarán habilitadas, na mesma praia do Preguntoiro, desde as 15:00.

A organización tamén ofrece avituallamento, líquido e sólido, a todas as persoas participantes.

Hai máis detalles da normativa e organización no REGULAMENTO DA TRAVESÍA.

A Travesía a Nado Polo Dano Cerebral está organizada por FEGADACE, Arousaman e os nadadores Aitor de Luis González e Guillermo Díez Lorenzo, e conta co apoio da Consellería de Política Social, Xacobeo 21-22, Concello de Vilagarcía de Arousa, Fundación de Deportes de Vilagarcía, Eroski, Club de Natación e Salvamento Vilagarcía e Asociación de Búsqueda y Salvamento.
 
Segue todas as novidades en #PoloDanoCerebral.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)