Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Traxectoria

FEGADACE cumpriu os seus primeiros dez anos de vida en 2017. A andaina do movemento asociativo do dano cerebral adquirido comezaba en Galicia no ano 2000, coa fundación de ADACECO, Alento e Sarela. No 2002 crearíase DCA Ourense (no inicio coñecida como Renacer) e no 2006 ADACE Lugo.

2020

  • 8º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Fundación María José Jove.
  • ADACECO, Alento e Sarela fan 20 anos.
  • FEGADACE organiza, en colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais (USC), o Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido.
  • A pandemia da COVID-19 provoca que por primeira vez desde a súa apertura os centros de atención ás persoas con dano cerebral tiveran que pechar as súas portas desde que se decreta o confinamento, en marzo, ata unha apertura gradual desde o verán. O coronavirus tamén provocou a suspensión, aprazamento ou reformulación de ducias de actividades previstas por todo o movemento asociativo.

2019

  • 7º Premio FEGADACE-Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC.
  • Preséntase en Santiago a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital.
  • FEGADACE presenta a curta ‘O mundo púxose ao revés’, elaborada por Miguel Gallardo, nas Xornadas de Medicina Gráfica da Coruña.
  • FEGADACE e as súas asociacións federadas incorporan a metodoloxía de Monetización do Valor Social á súa contabilidade.
  • Apertura do servizo residencial terapéutico para persoas con dano cerebral de Alento en Vigo, con 15 prazas.
  • Novos puntos informativos de Sarela na Estrada, Arzúa e Ribeira.
  • Apertura do novo local de ADACECO na Corveira (Culleredo). A entidade coruñesa pasa a contar con dous centros, o novo, e o primeiro, nas Xubias (A Coruña).

2018

  • 6º Premio FEGADACE - Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO).
  • A exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ percorre Galicia.
  • FEGADACE estrea páxina web.
  • FEGADACE e as súas asociacións dótanse do seu primeiro Plan de Igualdade (2018-2020). Nese marco, elaboran tamén un 'Protocolo de Prevención perante situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo'.

2017

  • 5º Premio FEGADACE - Miguel Blanco a María Escario.
  • Celebración do 10º aniversario da Federación na Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido.
  • Aberto un punto de atención ao dano cerebral en Pontevedra, que xestiona Alento.

2016

  • O galardón anual da Federación pasa a denominarse ‘Premio FEGADACE-Miguel Blanco’, en homenaxe ao neurólogo, falecido en 2015. Entrégase á Dirección Xeral de Tráfico.
  • Edición da banda deseñada Que sabemos do ictus?, creada por Miguel Gallardo.
  • Renovación estatutaria.
  • Elección de Luciano Fernández como presidente.
  • Inauguración oficial do centro de Sarela e posta en marcha do Centro de Atención Diúrna Ocupacional.

2015

  • 3º Premio FEGADACE á Fundación Barrié.
  • Campaña de sensibilización ‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’.
  • Novas prazas concertadas en Lugo.

2014

  • 2º Premio FEGADACE a Miguel Blanco, neurólogo e coordinador da Unidade de Ictus do CHUS.
  • Publicación do vídeo ‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’.
  • Primeiro Encontro de Profesionais de FEGADACE.
  • Renovación estatutaria.
  • Novos concertos de prazas de atención ao dano cerebral en Santiago e en Vigo.

2013

  • Campaña de sensibilización ‘Eu podería ter dano cerebral’.
  • Entrega do I ‘Premio FEGADACE’ ao programa da Radio Galega ‘Convivir en Igualdade’.
  • Primeiro Encontro de Xuntas Directivas.
  • Primeiro Encontro de Voluntariado.
  • Inauguración do centro de Alento en Navia.
  • Ingreso na EAPN Galicia.

2012

  • Ingreso na Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE).
  • Primeiro Foro de Familias de Persoas con DCA. Entrega de cinco recoñecementos a outras tantas persoas de crucial importancia para cada unha das asociacións, e ao psicólogo clínico Miguel Anxo García.
  • Edición do folleto ‘Que sabemos do ictus?’, orixinalmente publicado por FEDACE.
  • Participación na manifestación SOS Discapacidade, convocada polo CERMI (Día da Discapacidade, Madrid).

2011

  • FEGADACE dótase do seu actual logotipo e imaxe, ofrecendo “apoio e axuda despois do dano cerebral”.
  • Primeiro convenio nominativo coa Consellería de Traballo e Benestar.

2010

  • Ingreso no CERMI Galicia.
  • Peregrinación polo Día Nacional do Dano Cerebral.

2009

  • Comeza a construción do novo centro de Alento; Sarela, pola súa banda, obtén financiamento para edificar o seu.

2007

  • As cinco asociacións galegas de DCA fundan FEGADACE en marzo, con José Balboa como presidente.
  • Primeiras prazas concertadas coa Administración para a atención ao dano cerebral, localizadas en Sarela.

2006

  • Fundación de ADACE Lugo.

2002

  • Fundación de Renacer.

2000

  • Fundación de Alento, ADACECO e Sarela.