Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Traxectoria

No ano 2000 creáronse as primeiras asociacións
de dano cerebral adquirido en Galicia.
Desde entón leváronse a cabo moitas accións
e conseguíronse logros importantes.

Imos ver as principais accións e logros de cada ano:

2020
 
• 8º Premio FEGADACE-Miguel Blanco para a Fundación María José
Jove.
• ADACECO, Alento e Sarela cumpren 20 anos.
• FEGADACE organiza o Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral
Adquirido, en colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas
con Necesidades Especiais da  Universidade de Santiago de
Compostela (USC).
• A pandemia da COVID-19 provoca que os centros de atención
ás persoas con dano cerebral pechen a partir de marzo,
cando se decreta o confinamento.
A partir do verán, volven abrir aos poucos.
Tamén se suspenden, aprazan ou cambian
moitas actividades previstas polas asociacións.
 
2019
 
• 7º Premio FEGADACE-Miguel Blanco para a Unidade de Odontoloxía
para Persoas con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e
Odontoloxía da USC.
• Preséntase a guía ‘Cosas que debes saber sobre o dano cerebral
adquirido cando o teu familiar está no hospital’.
• FEGADACE presenta o curto ‘O mundo púxose ao revés’,
de Miguel Gallardo, nas Xornadas de Medicina Gráfica da Coruña.
• FEGADACE e as súas asociacións federadas incorporan a metodoloxía
de Monetización do Valor Social á súa contabilidade,
para medir o valor que xera a súa actividade.
• Alento abre o seu servizo residencial terapéutico para persoas
con dano cerebral en Vigo, con 15 prazas.
• Sarela abre puntos informativos na Estrada, Arzúa e Ribeira.
• ADACECO abre o seu novo centro na  Corveira (Culleredo).
 
2018
 
• 6º Premio FEGADACE-Miguel Blanco para o Instituto Universitario
de Integración na Comunidade (INICO).
• A exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral
adquirido’ percorre Galicia.
• FEGADACE estrea páxina web.
• FEGADACE e as súas asociacións elaboran o seu primeiro ‘Plan de Igualdade’
e un 'Protocolo de Prevención ante situacións de acoso sexual
e acoso por razón de sexo'.
 
2017
 
• 5º Premio FEGADACE-Miguel Blanco para a xornalista María Escario.
• FEGADACE celebra o seu 10º aniversario,
na 'Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido'.
• Alento abre un punto de atención ao dano cerebral en Pontevedra.

2016
 
• O premio da Federación pasa a chamarse ‘Premio  FEGADACE
-Miguel Blanco’, en homenaxe ao  neurólogo, falecido en 2015.
Este ano o Premio entrégase á Dirección Xeral de Tráfico.
• Publícase o cómic 'Que sabemos  do ictus?', de Miguel Gallardo.
• FEGADACE renova os seus estatutos.
• Luciano Fernández é elixido novo presidente.
• Inaugúrase o centro de Sarela
e ponse en marcha o seu Centro de Atención Diúrna Ocupacional.
 
2015
 
• 3º Premio FEGADACE para a Fundación Barrié.
• Campaña de sensibilización ‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’.
• Ábrense novas prazas concertadas en Lugo.
 
2014
 
• 2º Premio FEGADACE para Miguel Blanco,
neurólogo e coordinador da Unidade de Ictus do CHUS.
• Preséntase o vídeo ‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’.
• Primeiro Encontro de Profesionais de FEGADACE.
• FEGADACE renova os seus estatutos.
• Ábrense novas prazas concertadas
de atención ao dano cerebral en Santiago e en Vigo.
 
2013
 
• Campaña de sensibilización ‘Eu podería ter dano cerebral’.
• Primeiro Premio FEGADACE para o programa da Radio Galega
‘Convivir en Igualdade’.
• Primeiro Encontro de Xuntas Directivas.
• Primeiro Encontro de Voluntariado.
• Alento inaugura o seu centro en Navia.
• FEGADACE únese á Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia).
 
2012
 
• FEGADACE forma parte da Federación Española de Dano Cerebral
(FEDACE).
• Primeiro Foro de Familias de persoas con dano cerebral adquirido.
• Publicación do folleto ‘Que sabemos do ictus?’
• O 3 de decembro FEGADACE participa na manifestación
SOS Discapacidade, convocada polo CERMI (Comité Español
de Representantes de Persoas con Discapacidade), en Madrid.
 
2011
 
• FEGADACE crea o seu logotipo e imaxe actual co lema
“Ofrecendo apoio e axuda despois do dano cerebral”.
• Primeiro convenio de colaboración coa  Conselleria de Traballo
e Benestar.
 
2010
 
• FEGADACE forma parte de CERMI Galicia.
• Organízase a marcha polo Día Nacional do Dano Cerebral.
 
2009
 
• Alento empeza a construír o seu novo centro.
• Sarela obtén financiamento para construír o seu centro.
 
2007
 
• En marzo, as cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido
fundan FEGADACE. O seu presidente é José Balboa.
• Sarela consegue as primeiras prazas concertadas coa Administración
para atender a persoas con dano cerebral adquirido.
 
2006
 
• Créase a asociación ADACE Lugo.
 
2002
 
• Créase a asociación Renacer.
 
2000
 
• Créanse as asociacións Alento, ADACECO e Sarela.