Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Real Patronato sobre Discapacidad | | Imaxe da enquisa

Unha investigación analiza o impacto da COVID-19 nas persoas con discapacidade

Ten o obxectivo de identificar as consecuencias socioeconómicas e as principais necesidades.

09/11/2020 | Online

A Dirección Xeral de Políticas de Discapacidade do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 de España puxo en marcha unha investigación sobre o impacto da crise sanitaria da COVID-19 e as súas consecuencias socioeconómicas nas persoas con discapacidade.

Segundo o director xeral de Políticas de Discapacidade e director do Real Patronato sobre Discapacidade, Jesús Celada, a pandemia e o estado de alarma "afectaron ao normal desenvolvemento das relacións familiares, sociais e laborais, con especial incidencia en colectivos vulnerables". Pese a que aínda é pronto para prognosticar as consecuencias desta crise, sinala, "todo apunta a que as persoas con discapacidade serán un dos colectivos máis afectados".

O obxectivo da investigación é identificar as principais necesidades e dificultades que están afrontando as persoas con discapacidade, así como os seus familiares e contorna por mor da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en diferentes ámbitos como o emprego, a educación, a saúde, os servizos sociais e os dereitos básicos. Así mesmo, búscase reflexionar en torno ás consecuencias socioeconómicas e os retos futuros que a crise terá para as persoas con discapacidade en cada un dos ámbitos sinalados, coa fin de propoñer posibles liñas de actuación que teñan en conta variables como a idade, o tipo de discapacidade, a perspectiva de xénero ou as desigualdades sociais, desde un enfoque acorde co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

A investigación está desenvolvida polo SIIS Centro de Documentación e Estudos da Fundación Eguía Careaga, e combina un enfoque cuantitativo e cualitativo a través de microenquisas online e a aplicación do método Delphi con profesionais e persoas expertas.

En canto ás microenquisas online, deseñáronse cinco cuestionarios independentes que abordarán cada un dos ámbitos de estudo, e que permitirán a realización de informes monográficos que permitirán analizar de forma específica o impacto e as consecuencias da crise sanitaria para cada un dos ámbitos.

  • Microenquisa impacto COVID-19 na discapacidade e o emprego (xa realizada)
  • Microenquisa impacto COVID-19 na discapacidade e a educación (xa realizada)
  • Microenquisa impacto COVID-19 na discapacidade e a saúde (activa ata 16/11/2020)
  • Microenquisa impacto COVID-19 na discapacidade e os servizos sociais (xa realizada)
  • Microenquisa impacto COVID-19 na discapacidade e os dereitos sociais

Cada un dos cuestionarios, deseñados en formato accesible e en lectura fácil, inclúe en torno a 20 preguntas dirixidas a persoas con discapacidade e as súas familias.

A campaña de difusión das microenquisas conta coa colaboración das principais entidades representativas de persoas con discapacidade, que tenderon a súa man á Dirección Xeral de Políticas de Discapacidade para axudar na distribución dos cuestionarios a través das súas canles e redes sociais, e grazas ás cales se espera chegar a unha gran porcentaxe da poboación española con discapacidade e as súas familias.

De xeito complementario ás microenquisas desenvolverase un estudo Delphi, que recollerá as percepcións de diferentes profesionais e persoas expertas a nivel nacional no ámbito da discapacidade, e permitirá reflexionar sobre os retos e posibles liñas de actuación, así como propoñer recomendaciones de face a minimizar as consecuencias da crise para as persoas con discapacidade.

Información extraída da páxina web do Real Patronato sobre Discapacidade

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19