Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Unirse a FEGADACE

FEGADACE ten un carácter aberto, podendo integrarse como socias, despois da aceptación dos estatutos, cantas organizacións de familiares e de persoas con dano cerebral adquirido o soliciten. Existen tres tipos de entidades socias da Federación.

Tipos de entidades socias

  1. Entidades socias fundadoras. ADACECO na Coruña, ADACE Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago de Compostela.
  2. Entidades socias de número. Entidades sen ánimo de lucro de dano cerebral adquirido que teñan como obxecto concreto a defensa dos dereitos das persoas con DCA e as súas familias no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Exclúense as fundacións de empresas, clínicas privadas ou similares. Terán consideración de socias de número tanto as socias fundadoras como todas aquelas entidades que cumprindo os requisitos establecidos nos estatutos teñan ingresado con posterioridade na Federación.
  3. Socios/as colaboradores/as. Persoas físicas ou xurídicas que, aínda non tendo entre os seus fins principais a axuda ás persoas con DCA e ás súas familias, colaboran habitualmente coa Federación na consecución dos seus fins.

Requisitos de admisión

  1. Coherencia coa misión e valores da Federación.
  2. Presentación da súa traxectoria no ámbito asociativo e certificación da mesma polo órgano correspondente da entidade.
  3. Acreditación da entidade aspirante ante os organismos públicos e rexistros correspondentes.
  4. Acreditación da entidade de ter unha masa social mínima de 15 persoas.

*As asociacións que non reúnan algún dos devanditos requisitos poderán solicitar o ingreso en período de adaptación. Este prazo non poderá exceder os dous anos, nos que as aspirantes poderán obter da Federación información, asesoramento e apoio.

Comunicador: resposta afirmativa

Procedemento de admisión

a) Entidades socias de número.

  • Presentación da documentación detallada nos estatutos de FEGADACE.
  • Aprobación en Xunta Directiva por dous terzos dos membros.
  • Ratificación pola Asemblea Xeral.

b) Socios/as colaboradores/as.

  • Proposta de ingreso e comunicación ás partes interesadas por parte da Xunta Directiva da Federación.
  • Ratificación da Asemblea Xeral da Federación unha vez aceptada a proposta de ingreso.