Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Vida independente

Rumbo: Cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva

Atención sociosanitaria de proximidade para persoas con dano cerebral adquirido


O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto que propón implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal e ao coidado das persoas con discapacidade co obxectivo de manter ás persoas na súa contorna, facilitando formas de vida inclusivas en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.
 
Logos participantes e financiadores proxecto Rumbo

Quen pode participar?

Todas as persoas con dano cerebral adquirido que reúnan as seguintes condicións:
 
  • Ser maior de 18 anos.
  • Estar en fase crónica/mantemento, e presentar secuelas susceptibles de intervención por parte de persoal sociosanitario.
  • Que se careza de recursos sociosanitarios/asistenciais e/ou asociativos especializados na súa contorna.
  • No caso de existir eses recursos, que a asistencia aos mesmos se vexa limitada por:
    o Motivos económicos.
    o Motivos de acceso por razóns de distancia, accesibilidade, mobilidade ou dependencia dunha terceira persoa, entre outras.
 
Folleto Proxecto Rumbo 1 Folleto Proxecto Rumbo 2 Folleto Proxecto Rumbo 3
 

Como imos facer?

Este proxecto está financiado por fondos da Unión Europea e polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. As actuacións levaranse a cabo no domicilio e na contorna natural das persoas beneficiarias e non terá custo para elas.

As principais actuacións enfocaranse en:
 
  • Servizos sociosanitarios de Logopedia e Terapia Ocupacional.
  • Realización de actividades formativas que fomenten o empoderamento e a autonomía das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.
  • Información, orientación e asesoramento en: accesibilidade na vivenda, recursos dispoñibles, promoción da cidadanía activa.
  • Impulso da participación comunitaria mediante xornadas de sensibilización e lecer inclusivo.
 

Como participar?

Solicitude de participación no 'Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva':
 
 
Logos financiadores Proxecto Rumbo