Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 17/06/2022 | ADACE Lugo no Arde Lucus

Visita de persoas usuarias e profesionais de ADACE Lugo ao Arde Lucus

Caracterizáronse como romanas e romanos coas cores da asociación para esta actividade de lecer inclusivo.

17/06/2022 | Lugo

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo volveu organizar unha saída despois da pandemia, e foi para facer unha visita ao Arde Lucus. Persoas usuarias e profesionais saíron á rúa e foron de xantar para celebrar un evento de enorme importancia na cidade.

Quedaron pola mañá, vestíronse e visitaron un campamento castrexo. Logo dirixíronse a un restaurante para o xantar, e ao rematar foron visitar outro campamento, romano nesta ocasión.

Trátase dunha actividade de lecer inclusivo na que as persoas con dano cerebral de Lugo gozaron dunha festa popular, ao igual que toda a cidadanía lucense. Ademais, valoraron todo o que aprenderon sobre tradicións e cultura da época.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)