Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Voluntariado

FEGADACE ten un programa de voluntariado para que
voluntarios poidan colaboran nas súas entidades
e para que as persoas con dano cerebral adquirido
tamén poidan apoiar a outros colectivos.
• Rede de apoio entre persoas con dano cerebral adquirido
e persoas maiores

• Encontros de voluntariado
 

Rede de apoio entre persoas con dano cerebral adquirido
e persoas maiores

Proxecto de voluntariado no que as persoas con dano cerebral adquirido
axudan ás persoas maiores a facer as súas tarefas da vida diaria
e pasan tempo con eles para que non estean sós.

Doutra banda, outras persoas maiores son voluntarias
compartindo os seus coñecementos e a súa experiencia da vida
en asociacións para persoas con dano cerebral adquirido.

Este proxecto fíxose nos anos 2017 e 2018.
Está subvencionado pola Obra Social La Caixa.

Encontros de voluntariado

Encontros de voluntarios para reunirse, intercambiar experiencias
e recibir formación.

No segundo encontro de voluntarios creouse
o Decálogo de Voluntariado de FEGADACE.
É un documento co conxunto de regras básicas que deben seguir
as persoas voluntarias nas asociacións de FEGADACE.

Podes descargar o Decálogo facendo clic aquí.

Este proxecto fíxose nos anos 2013, 2014 e 2016.
Está subvencionado pola Consellería de Política Social.