Unha importante fonte de financiamento de FEGADACE e das súas asociacións son os fondos procedentes das declaracións do IRPF das persoas contribuíntes que marcan o cadro 106, de 'Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social', máis coñecido como X Solidaria. O terceiro sector de acción social coordínase cada ano para organizar unha campaña conxunta animando a todos e todas as contribuíntes a marcar o cadro de fins sociais, visibilizando os programas e proxectos financiados grazas ás súas achegas.
X | Ao marcar a X Solidaria non pagas máis nin che devolven menos; simplemente decides que se fai co 0,7% dos teus impostos. |
X | Pódese marcar X en 'Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social' e na 'Igrexa Católica'; nese caso, destinas o 0,7% dos teus impostos a cada un dos fins, decidindo o que se fai co 1,4% da túa declaración. |
Empresa Solidaria

Como ser unha empresa solidaria? Aínda que o cadro non ten o nome de Fins Sociais, é moi doada de identificar. Ten dous nomes en función de se a entidade cobre o modelo 200 ou o modelo 220:
Modelo 200 > Outros caracteres > Cadro 00073 [Opción do 0,7% da cota íntegra para fins sociais]
Modelo 220 > Outros caracteres > Cadro 069 [Opción do 0,7% da cota íntegra para fins sociais]