Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 13/04/2023 | XX Xornadas Interxeneracionais Educación Social

DCA Ourense participa nas XX Xornadas Interxeneracionais do Campus de Ourense

O alumnado do primeiro curso do Grao de Educación Social do Campus de Ourense organiza estas xornadas. 

13/04/2023 | Ourense

O 13 de abril DCA Ourense participou nas XX Xornadas Interxeneracionais do Campus de Ourense organizadas polo alumnado de primeiro curso da Facultade de Educación Social. 
 
Durante a xornada, conviviron futuras educadoras e educadores sociais con profesionais xa en activo tanto da educació social como de outras disciplinas relacionadas, así como con persoas de diferentes colectivos e axentes sociais. 
 
Foi unha actividade de grande interese onde DCA Ourense participou nas diferentes dinámicas de baile, xogos e obradoiros, que foron adaptadas ás necesidades das persoas con dano cerebral adquirido, fomentando así a convivencia comunitaria e a participación social. 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense