Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Prevención

Tomar precaucións é importante para evitar e previr
un dano ou un perigo.
En FEGADACE créanse proxectos para que as persoas saiban
que é o dano cerebral e como tentar previlo.

• Folleto
O dano cerebral: prevención causas e consecuencias

• Carteis e folletos
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (II)

• Vídeo
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (I)

• Campaña
Eu podería ter dano cerebral

Folleto
O dano cerebral: prevención, causas e secuelas

Este folleto creado no ano 2020 informa das principais causas
e consecuencias do dano cerebral adquirido.
Trata en especial sobre o ictus, xa que é a causa principal
do dano cerebral.
Explica cales son os síntomas de alarma que avisan de que unha persoa
pode estar a sufrir un ictus.
Estes síntomas resúmense nos 3 F.

• Fala
• Forza
• Faciana

Podes descargar o folleto completo facendo clic aquí.

Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

Carteis e folletos
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (II)

Carteis e folletos creados no ano 2015
que explican cales son os síntomas de alarma
para saber que unha persoa está a sufrir un ictus.

Estes síntomas son:
 
• Dor de cabeza moi forte que aparece de súpeto.
• Parálise dunha parte do corpo.
• Dificultade para falar ou para entender o que di outra persoa.
 
Cando se notan estes síntomas nunha persoa hai que chamar rápido
aos números de teléfono 112 ou 061.
Recibir o tratamento adecuado no primeiras catro horas
é moi importante para tentar evitar o dano cerebral adquirido.

FEGADACE repartiu 600 carteis e 8000 folletos nos centros de saúde,
hospitais e locais socioculturais da Coruña e Santiago.

Podes descargar o folleto facendo clic aquí.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.

Vídeo
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (I)

Vídeo creado no ano 2014 que conta os síntomas que avisan
de que unha persoa está a sufrir un ictus.
Explica que o ictus é unha urxencia médica e hai que ir rápido ao hospital
para tentar evitar o dano cerebral.

Por iso, se notas en ti ou noutra persoa algún dos síntomas de alarma
que aparecen no vídeo
debes chamar o máis rápido posible ao 112 ou ao 061.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.
 

Campaña
Eu podería ter dano cerebral

Vídeo que se fixo no ano 2013 para explicar á poboación
que o dano cerebral adquirido pode aparecer en calquera momento
da vida e pódelle pasar a calquera persoa.

Para facer este vídeo FEGADACE contou con persoas de entidades
colaboradoras e amigas.
Estas persoas explicaron que calquera pode ter dano cerebral.

Este proxecto está subvencionado pola Deputación da Coruña.