Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Unirse a FEGADACE

FEGADACE é unha organización aberta que admite como socias
a todas as organizacións de familiares, persoas coidadoras
ou persoas con dano cerebral que acepten os seus estatutos
e estean dispostas a cumprir con eles.

Hai tres tipos de entidades socias en FEGADACE:

1. Socias fundadoras. ADACECO na Coruña,
ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense,
Sarela en Santiago.

2. Socias non fundadoras. Entidades que teñen como obxectivo
defender os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido
e das súas familias en Galicia.

As fundacións de empresas e as clínicas privadas non poden ser
socias.

3. Socias colaboradoras. Persoas ou empresas que colaboran
en ocasións.

Requisitos para asociarse

• Estar de acordo cos obxectivos e valores de FEGADACE
• Presentar o certificado de ser asociación
e un documento dos proxectos e accións feitos ata o de agora.
• Presentar a documentación de estar rexistrada en todos
os organismos públicos correspondentes.
• Ter un mínimo de 15 socios na entidade.

As asociacións que non cumpran algún destes requisitos
poderán pedir que se lles admita en período de adaptación
por un tempo máximo de dous anos.

Durante este tempo recibirán información, apoio e asesoramento
por parte de FEGADACE.

Pasos para asociarse

Para entidades socias:

• A entidade debe presentar a documentación
que piden os estatutos de FEGADACE.
• Dous de cada tres socios da Xunta Directiva
debe aprobar a solicitude.
• A Asemblea Xeral debe confirmala.

Para socios e socias colaboradores:

• A Xunta Directiva propón ás persoas ou entidades
que se asocien e colaboren con FEGADACE.
• A Asemblea Xeral débeo confirmar.

Comunicador: resposta afirmativa