O dano cerebral adquirido é a discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico. Afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia.
Co dano cerebral adquirido perde sentido falar de discapacidade física, psíquica ou sensorial: son moitas secuelas ao mesmo tempo, e preséntanse en diferentes graos e intensidades segundo a persoa.
26/01/2021 | Monforte de Lemos
Se a situación sanitaria o permite, a colección poderá verse en setembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
25/01/2021 | Galicia
Contratacións realizadas grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.
22/01/2021 | Galicia
As vindeiras actividades estarán centradas en visibilizar ás coidadoras con e sen discapacidade.
21/01/2021
A reclamación xorde da xuntanza do ente estatal cos comités autonómicos celebrada este martes.
20/01/2021 | Galicia
A entidade, fundada en decembro, presentou onte os seus obxectivos e Plan de Actividades para 2021.
19/01/2021 | Galicia
A Xunta anunciou que entre o 10 e o 12 de febreiro comezará a vacinación do persoal dos centros de día.
As asociacións de FEGADACE teñen diferentes programas de prevención, participación e atención ás persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.
Saber máis
A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido ten un perfil científico, académico e divulgativo, e serve para xerar e transmitir coñecemento arredor do DCA.
É o marco de entrega do Premio FEGADACE-Miguel Blanco, que recoñece o labor dun axente social implicado na defensa do colectivo.
A guía Cousas que debes saber sobre o Dano Cerebral Adquirido cando o teu familiar está no hospital intenta paliar a desorientación e angustia dos primeiros momentos informando ás persoas e familias dos seus dereitos e dos recursos de apoio, atención e rehabilitación que existen no seu contorno.
Un ictus ou un accidente son cuestión de segundos. Un 'punto e seguido' para o que virá despois. Secuelas visibles e invisibles. Pero tamén apoio, rehabilitación, novos proxectos de vida, novas leccións e intereses. FEGADACE e as súas asociacións amosan esta realidade a través dun vídeo e dunha exposición fotográfica.
Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
O ictus é a principal causa do DCA. Cómpre coñecer os seus síntomas de alarma para identificalos rapidamente e acudir canto antes ao hospital: dor de cabeza aguda e repentina, parálise lateral e dificultade para falar ou para comprender o discurso oral.
15/05/2019 | PDF | 1045 KB
01/04/2019 | PDF | 792 KB
01/04/2019 | PDF | 8153 KB
20/12/2018 | PDF | 2525 KB
09/11/2016 | PDF | 1556 KB