Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Información sobre o dano cerebral

Proxectos desenvolvidos por FEGADACE para informar á poboación sobre o dano cerebral adquirido: características, causas, prevención e recursos de atención.

Puntos informativos

Os puntos de información especializada sobre o dano cerebral achegan información, orientación e asesoramento sobre aspectos sociais, sanitarios, legais e outros que sexan de interese para o movemento asociativo e as persoas con dano cerebral, e están especialmente dirixidos a familias de persoas hospitalizadas nos centros que acollen este servizo. FEGADACE conta con dous puntos informativos en colaboración con Alento e coa área sanitaria de Pontevedra e O Salnés:

Punto de información sobre o dano cerebral en Pontevedra Punto de información sobre o dano cerebral no Salnés

Encontros con servizos sociais municipais

Programa de encontros informativos con persoal dos servizos sociais municipais para presentar o dano cerebral, as súas causas e consecuencias, trasladar o modelo de atención e os servizos das asociacións e axudar a identificar a nivel local ás familias e persoas nesta situación para poder poñelas en contacto cos recursos que precisan.
 
Este programa viu a substituír o plan de charlas que estaba previsto e que tivo que ser suspendido por causa da pandemia da COVID-19. Algúns concellos preferiron non manter reunións pero solicitaron o envío de materiais informativos para poderen empregalos igualmente na atención diaria a familias.
Concellos visitados: Pontedeume, As Pontes, Soutomaior, Sober, Sarria, Salceda de Caselas, Salvaterra, Vilalba, Guitiriz, Cospeito, O Grove, Bueu, Camariñas, O Saviñao, Chantada, Verín e A Cañiza
 
Concellos aos que se entregaron materiais: Betanzos, O Carballiño, Xinzo de Limia, Ribadavia, Mugardos, A Capela, Mos e Ribadeo
Financiamento: Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF
Execución: novembro-decembro 2020

Charlas informativas 'O dano cerebral adquirido'

Ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais co obxectivo de chegar á poboación máis aillada e envellecida para darlle a coñecer temas como as causas e factores de risco do dano cerebral, como actuar no caso de que se produza un ictus, e cales son os recursos de atención e rehabilitación máis próximos e os dereitos que teñen as persoas e familias nesta situación.
Concellos: A Gudiña, Baltar, Monterrei, Vilasantar, Sobrado, Crecente, Aranga, Dozón, Piñor, Rairiz de Veiga, Ourol, Muras, A Fonsagrada, Agolada, Xunqueira de Ambía, San Amaro, Montederramo, Avión, Punxín, Beariz, Antas de Ulla, Taboada, A Peroxa, Entrimo, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Espadanedo, San Xoán de Río, A Teixeira, Nogueira de Ramuín, A Bola, Covelo, Arbo, O Incio, Vilardevós, Vilar de Barrio, Lobios, Irixoa, A Lama, Abadín, Pantón, Cualedro, Castrelo do Val, Malpica, Sarreaus, Mañón, Moeche, Vilarmaior, Monfero, Cabana de Bergantiños, Pobra do Brollón, As Somozas, Cerdido, Cariño e As Neves
 
Agrupacións de concellos: Mancomunidade do Ribeiro e Mancomunidade Terras de Celanova
 
Asistentes: 890 persoas
 
Cápsulas informativas recollidas nas charlas:
Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral
Financiamento: Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF / Obra Social Caixabank
Execución: marzo-decembro 2019