Dirección | Begoña Hermida |
Diplomada en Enfermería; Máster en Saúde Pública e Xestión Sanitaria; Posgrao en Cooperación Internacional e Xestión de ONGD; Máster en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Saúde Laboral.
A súa traxectoria profesional comeza en 2002 no campo da sanidade, en diferentes postos asistenciais e de xestión e formación, pasando en 2008 a centrarse no eido sociosanitario internacional, dirixindo proxectos de saúde pública e cooperación internacional en diferentes países. É directora de FEGADACE desde o ano 2018.
|
Responsable de comunicación | Irene Cancelas |
Licenciada en Xornalismo; Posgrao en Fundraising.
Traballa desde 2005 no ámbito do xornalismo e da comunicación corporativa. Realizou tarefas propias de gabinete de prensa, organización de eventos ou captación de fondos. Pasou polos sectores dos medios de comunicación, cultural e social cun denominador común: o asociacionismo e o cooperativismo. É responsable de comunicación de FEGADACE desde 2012. Incorporouse a través dos programas de Cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego.
|
Responsable de xestión económica e administración | Adolfo M. González |
Grao en Administración e Dirección de Empresas.
Tralo paso polo sector bancario incorporouse ao social, no que se ocupa tanto da planificación e desenvolvemento de proxectos como da xestión económica e financeira, con especial atención á contabilidade social. Incorporouse a FEGADACE en 2016 grazas aos programas de Cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego..
|
Técnica de xestión administrativa | Natalia Regueiro |
Técnico Superior en Administración e Finanzas.
Tras rematar os estudos de Administración e Finanzas a súa vida laboral estivo sempre ligada á administración. Tralo paso por unha xestoría, unha entidade social e un centro de formación, incorpórase a FEGADACE no 2020 a través dos programas de Cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego.
|
Traballadora social | Carla Miranda |
Grao en Traballo Social e especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero.
Activa dende o 2016 como traballadora social, tralo seu paso por empresas privadas vinculadas á atención de persoas en situación de dependencia, incorporouse a FEGADACE a través dos programas de Cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego.
|
Técnica de formación | Leticia Vila |
Grao en Psicoloxía; Máster de Profesorado de Educación Secundaria
Orientadora educativa e formadora da formación profesional para o emprego. A súa traxectoria profesional, dende os inicios, está intimamente ligada ao sector da formación e das novas tecnoloxías.
Programa de Cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego 2021-2022.
|
Comité de direccións das asociacións federadas |
Natalia de Llano Iria Abel Gonzalo Mira Noelia Luque Rocío García |
ADACECO
ADACE Lugo
Alento
Renacer
Sarela
|