Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Asóciate

FEGADACE ten un carácter aberto, polo que se poderán integrar na Federación aceptando os seus estatutos cantas organizacións de familiares de persoas con dano cerebral adquirido así o desexen.

Non hai canles habilitadas para asociarse directamente a FEGADACE, xa que os seus socios son entidades, non persoas. Na actualidade a federación ten cinco socios nas catro provincias galegas: ADACECO (A Coruña) e Sarela (Santiago de Compostela) na Coruña, ADACE Lugo en Lugo, Renacer en Ourense e Alento (Vigo) en Pontevedra.

As persoas que desexen colaborar co movemento asociativo do dano cerebral facéndose socias dunha entidade poden cubrir os formularios de inscrición online das cinco asociacións federadas: