Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DGT | | Nova lei de Tráfico

A lei de Tráfico e Seguridade Viaria cambia desde o vindeiro 21 de marzo

Os traumatismos por accidentes na estrada son a segunda causa do dano cerebral adqurido.

15/02/2022

O vindeiro 21 de marzo entra en vigor a nova lei de Tráfico e Seguridade Viaria, que contén novas normas para a circulación de vehículos a motor, ciclomotores, bicicletas, e outros vehículos de mobilidade persoal (patinetes e outros pequenos dispositivos eléctricos).

Un dos principais cambios é que se elimina a posibilidade de superar en 20 km por hora a velocidade máxima permitida nos adiantamentos, co obxectivo de reducir a sinistralidade nas estradas.

Ademais, increméntase a cantidade de puntos que se van perder por accións que poden levar a distraccións como consultar o móbil; por non empregar o cinto, sistemas de retención infantil, casco e outros mecanismos de seguridade axeitadamente, ou por botar pola ventá obxectos que poidan producir incendios.

É obrigatorio respectar as restricións derivadas de episodios de contaminación e de Zonas de Baixa Emisión, e refórzase a seguridade dos/as ciclistas obrigando aos vehículos que precisan adiantar a ocupar totalmente o carril contiguo se a vía ten dous o máis por sentido.

A norma regula por primeira vez o uso de patinetes e outros dos denominados 'Vehículos de Mobildiade Persoal'.

O conxunto total de cambios pode consultarse na páxina web da DGT: Conoce las nuevas leyes

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido