Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 06/09/2019 | Cartel da mostra 'Punto e seguido' en Lugo

A mostra 'Punto e seguido' está aberta en Lugo ata o 1 de outubro

A colección de imaxes sobre 'a vida despois do dano cerebral adquirido' pódese ver en La Ferretería.

04/09/2019 - 01/10/2019 | Lugo

A colección de fotografías 'Punto e seguido', que retrata "a vida despois do dano cerebral adquirido", inaugurouse o mércores 4 de setembro en La Ferretería (Lugo). Poderá visitarse ata o 1 de outubro de 17:00 a 20:00 (luns a venres) e de 10:00 a 14:00 os sábados.

O acto de inauguración foi un grande éxito de ADACE Lugo, que conseguiu convocar a 130 persoas para facer o primeiro visionado da exposición e tamén para contemplar o vídeo elaborado na asociación lucense no marco da mesma campaña.

A colección de imaxes, do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizouse nas cinco asociacións membro da Federación Galega de Dano Cerebral. Están protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, que amosan a súa vida cotiá, as actividades que desenvolven, os ratos de descanso, a convivencia... en definitiva, a vida despois do "punto e seguido" que constitúen un ictus, un accidente, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.

Máis información aquí.

Lugar de celebración:

La Ferretería (Rúa San Froilán, 11). Lugo

Horario:
L-V: 17:00 a 20:00
S: 10:00 a 14:00

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)