Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 12/04/2019 | Imaxe promocional dos campamentos da Xunta

Aberta a solicitude de campamentos de verán para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta un total de 185 prazas para grupos que van dos 11 aos 40 anos.

12/04/2019 | Bergondo | Nigrán | O Carballiño

A consellería de Política Social abriu este mes a convocatoria de campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Hai 185 prazas dispoñibles para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos. Os destinos son o Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo), a Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e a Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Os grupos de idade están divididos en catro franxas: dos 11 aos 14 anos, dos 15 aos 18, dos 19 aos 25 e dos 26 aos 40 anos. As estadías teñen dez días de duración e as datas van do 1 de xullo ao 7 de setembro. Todos os campamentos teñen o mesmo prezo: 125 euros.

Para solicitar unha praza cómpre presentar a documentación antes do 3 de maio (está todo o día incluído). Hai que presentar unha solicitude e un informe médico.

Consulta aquí o díptico con toda a información.
Esta é a ligazón á páxina web da consellería.
Toda a información está accesible aquí en Lectura Fácil.
Para dúbidas e máis información pódese contactar co Servizo de Prevención da Dependencia no 981 547 437, no 981 546 737, no 981 544 640, ou no enderezo autonomiapersoal.sxps@xunta.gal.

Arquivada en: