Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 16/03/2022 | Obradoiro para a redución da fenda dixital en ADACE Lugo

ADACE Lugo continúa realizando obradoiros para a redución da fenda dixital

A educadora social da entidade imparte un obradoiro semanal para familias e persoas con dano cerebral leve.

16/03/2022 | Lugo

ADACE Lugo continúa este ano co programa Stop Fenda Dixital; a asociación está a realizar un obradoiro semanal dirixido a familiares e a persoas con dano cerebral adquirido que teñen secuelas leves.

O obxectivo do programa formativo é reducir a fenda dixital que afecta ao colectivo do dano cerebral aprendéndolle e/ou mellorando o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación.

ADACE Lugo organiza os obradoiros todos os xoves na Casa das Asociacións María Mariño.

Este programa está formulado a través de FEGADACE e desenvólvese nas cinco asociacións federadas. Se en 2021 contamos coa Fundación Esplai como docente, este ano, no caso de ADACE Lugo, está a impartilo a educadora social da entidade.

Conta co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)