Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 20/05/2022 | Obradoiro polo Día das Letras Galegas 2022

ADACE Lugo mergúllase no Día das Letras co apoio das tecnoloxías dixitais

A asociación lucense organizou un obradoiro sobre Florencio Delgado Gurriarán para as persoas usuarias.

20/05/2022 | Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo conmemoraron o Día das Letras Galegas mergullándose na figura de Florencio Delgado Gurriarán co apoio das tecnoloxías dixitais. Unha actividade na que se mesturou aprendizaxe, cultura, memoria, atención e redución da fenda dixital para estudar a figura do homenaxeado este 17 de maio.

No obradoiro, as persoas con dano cerebral adquirido viron vídeos, procuraron información sobre a súa vida, e coñeceron máis datos sobre o autor. Finalizaron a sesión empregando a plataforma Kahoot (unha aplicación para a realización de cuestionarios interactivos) para responder algunhas preguntas sobre os contidos aprendidos.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)