Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 05/03/2024 | As dúas terapeutas ocupacionais en prácticas en ADACECO

ADACECO incorpora dúas estudantes de 4º de Terapia Ocupacional en prácticas

Poderán traballar coas persoas con dano cerebral e formarse no enfoque asociativo da atención.

05/03/2024 | A Coruña

ADACECO colabora coa Universidade da Coruña acollendo estudantado en prácticas para complementar a súa formación no contexto asociativo e as especificidades do dano cerebral adquirido. Así, e durante tres meses, as alumnas de 4º curso de Terapia Ocupacional Carmen Chaves e Marta Vidal incorpóranse á asociación de dano cerebral da Coruña.
 
Neste período van ter a oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos, traballando directamente con persoas con dano cerebral adquirido. Estarán nun ambiente multidisciplinar no que van colaborar con profesionais da entidade para proporcionar un enfoque integral no coidado e na atención das persoas usuarias da entidade.
 
 

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)