Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 02/04/2024 | Formación 'O cambio é necesario' en Alento

Alento organiza a acción formativa para profesionais 'O cambio é necesario'

Enmarcada dentro da EscuelaDCA da asociación viguesa, dirixiuse aos equipos de centro de día e residencia.

02/04/2024 | Vigo

Os días 12, 13 e 14 de marzo, as instalacións de Alento acolleron unha formación dirixida aos profesionais de atención directa da entidade no centro de día e o servizo residencial. A actividade, titulada 'O cambio é necesario', enmárcase dentro da EscuelaDCA.
 
O curso dividiuse en tres xornadas diferentes para favorecer a participación do maior número posible de profesionais de Alento, que puido garantir a asistencia de 30 persoas.
 
Traballáronse os siguintes contidos:
 
  • Andrea Vila, psicóloga xeral sanitaria de Alento, estreouse como formadora, transmitindo a importancia de como xerar conductas de apoio ás persoas con dano cerebral dende unha mirada de apoio conductual positivo.
  • Contouse coa testemuña de Gustavo Campos, persoa con dano cerebral, que transmitiu en primeira persoa como é o dó tras a lesión.
  • Xunto con Sabina Gómez, educadora social e directora de residencia, e Laura Ramírez, psicóloga sanitaria, púxose o foco na contorna como axente de cambio para favorecer o benestar emocional das persoas.
 
EscuelaDCA
 
A EscuelaDCA de Alento é un proxecto que nace en 2017 co obxectivo de ofrecer información e formación a quen acompaña no desenvolvemento persoal e social de persoas con Dano Cerebral Adquirido: familias, voluntariado e profesionais.
 
A EscuelaDCA pretende ser un espazo para dar a coñecer o que é o dano cerebral adquirido, facilitar pautas de intervención útiles, recibir orientación persoalizada de profesionais cualificados, contar co apoio doutras familias, persoas voluntariaa etc., xerando ao mesmo tempo cohesión de grupo.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)