Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 17/07/2023 | Portada da memoria de actividades 2022 de Alento

Alento publica a memoria de actividades e o informe de contas de 2022

Os documentos, dispoñibles na web da asociación, poñen cifras ao intenso labor desenvolto no último ano.

17/07/2023 | Vigo

En cumprimento coas obrigas legais e éticas de transparencia, a asociación Alento vén de publicar a súa memoria de actividades 2022, na que recolle o intenso traballo realizado ao longo do último ano. O documento, aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria de socias e socios celebrada o pasado 22 de abril, permite coñecer, cuantitativa e cualitativamente, os diferentes servizos prestados e as actividades desenvoltas pola entidade viguesa co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral.
 
Na memoria, dispoñible para consulta e descarga na páxina web de Alento, destacan os seguintes datos relativos ao ano 2022:
  • A asociación contou con 271 socios e socias
  • O servizo de información e asesoramento deu respostas ás necesidades de información e acompañamento de 289 familias.
  • A Escola DCA realizou catro accións formativas (tres dirixidas a profesionais e unha destinada a persoas usuarias da entidade).
  • O centro de día atendeu a 95 persoas con dano cerebral.
  • O servizo residencial atendeu a 21 persoas con dano cerebral.
  • O servizo de transporte prestou servizo a 76 persoas con dano cerebral en 11 rutas diarias realizadas por 10 furgonetas, dando resposta ás necesidades de 10 concellos da área metropolitana de Vigo.
O informe tamén ofrece os principais datos do balance económico do exercicio atendendo ás fontes de ingreso e á distribución de gastos. Estes aparecen desglosados ao detalle no informe de auditoría de contas e na conta de resultados 2022 aquí.

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)