Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 02/06/2023 | Visita de ADACECO ao Aquarium Finisterrae

As persoas usuarias do centro de día de ADACECO visitaron o Aquarium Finisterrae

Unha actividade de lecer destinada á promoción da inclusión social das persoas con dano cerebral.

02/06/2023 | A Coruña

O pasado 24 de maio ADACECO organizou unha saída para as persoas usuarias do seu centro de día de As Xubias. O grupo tivo a oportunidade de visitar o Aquarium Finisterrae, na súa cidade, e pasar a xornada visitando as súas diferentes salas e aprendendo sobre as especies, entre as que se conta un tiburón touro.

A visita finalizou asistindo, no exterior da casa dos peixes, a como lle dan de comer ás focas.

As persoas usuarias do centro de día, así como as profesionais, pasárono en grande nesta visita que implicou un cambio de rutina e un estímulo e diversión de enorme utilidade para a rehabilitación, o benestar xeral e, en definitiva, a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)