Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 11/03/2024 | Alimentación, deglutición e nutrición: artigo de FEGADACE en Consumer

Consecuencias na alimentación, deglutición e nutrución tralo dano cerebral adquirido

Noelia Rivadas, logopeda de FEGADACE, asina unha nova colaboración informativa con Eroski Consumer.

11/03/2024 | Santiago

As consecuencias da afectación na alimentación causada polo dano cerebral adquirido son múltiples e interfiren en diversas áreas. En primeira instancia, a nutrición e a hidratación son as dimensións máis comprometidas. Pero as repercusións tamén acadan a inxesta de medicación, a saúde oral e mesmo a vida social, e polo tanto, a participación e tamén a autoestima da persoa con dano cerebral.
 
Noelia Rivadas é logopeda en FEGADACE e detalla neste artigo, a segunda colaboración do ano coa revista Eroski Consumer, cales son as repercusións do dano cerebral nestas áreas, e que respostas se poden artellar desde os equipos de rehabilitación e as familias e/ou persoas coidadoras para mellorar a calidade de vida das persoas usuarias. Pode atoparse aquí:
 
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
 
Ocio inclusivo para persoas con dano cerebral adquirido. Carla Miranda Iglesias, traballadora social da Federación (xaneiro 2024).

Rede de Cidadanía Activa, unha plataforma de participación para persoas con DCACarla Miranda Iglesias e Sara Alonso Rodríguez, traballadora social e responsable de comunicación da Federación (novembro 2023).

A asesoría xurídica de FEGADACE: un mecanismo contra a discriminación. Miguel Vieito Villar e Carla Miranda Iglesias, avogado experto en dereito antidiscriminatorio e traballadora social da Federación (setembro 2023).

A sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido. Leticia Vila Posada e Laura Ramírez Ramos, técnica de formación de FEGADACE e psicóloga, sexóloga e directora técnica de Alento (xullo 2023).

A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA. Marta García, Inés Mosquera, Alba Gómez e Noelia Rivadas, terapeutas ocupacionais e logopedas de FEGADACE no 'Proxecto Rumbo:cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva' (maio 2023).

Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de FEGADACE (marzo 2023).

Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de FEGADACE (xaneiro 2023).

Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).

A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).

Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).

Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).

Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).

Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).

10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 

Arquivada en:
Que facemos > Vida independente
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)