Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 02/04/2024 | Visita de DCA Ourense á Universidade para coñecer AdaptaMaker

DCA Ourense coñece os produtos de apoio AdaptaMaker, creados con impresións 3D

Persoas usuarias da asociación visitaron a Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense.

02/04/2024 | Ourense

Un grupo de persoas usuarias de DCA Ourense visitou o 14 de marzo a Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense para coñecer de primeira man o traballo do grupo AdaptaMaker. Este colectivo, composto por mozos e mozas de entre 18 e 21 anos con diversidade funcional, forma parte do alumnado do Colexio de Educación Especial de Nosa Señora de Lourdes.
 
Os membros de AdaptaMaker están a traballar con impresións 3D para elaborar produtos de apoio e todo tipo de dispositivos para facilitar a autonomía persoal. O mesmo grupo deseña e crea estes produtos, que van desde bordes para pratos a abrocha botóns, adaptadores personalizados para chaves, pulsadores...
 
O encontro de DCA Ourense e AdaptaMaker foi promovido pola Facultade de Educacion e Traballo Social de Ourense, que tamén foi o escenario da actividade.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense