Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 02/10/2018 | Os equipos profesionais de FEGADACE e as súas asociacións fan o xesto do DCA

Actividades polo Día do Dano Cerebral: concurso de fotografía en redes sociais

Publica a túa imaxe co xesto do DCA e os hashtags #DanoCerebralAdquirido #CoDanoCerebral #ConelDañoCerebral.

01/10/2018 - 26/10/2018 | Campaña online

O venres 26 de outubro conmemórase o Día Nacional do Dano Cerebral. Todas as asociacións preparan múltiples actividades que se irán anunciando ao longo do mes, pero a Federación Española de Daño Cerebral lanzou xa unha iniciativa para as redes sociais: un concurso fotográfico.

Participa subindo a Facebook ou Twitter unha foto facendo o xesto do DCA (a man sobre a cabeza) acompañada dos hashtags #DanoCerebralAdquirido #CoDanoCerebral #ConelDañoCerebral, e etiqueta a FEDACE (www.facebook.com/FEDACEorg ou @fedaceorg) para poder optar a un premio!

Búscase a foto ou selfie máis orixinal, con amigos, caras coñecidas, de camiño ao trabllo, na rúa... Tedes ata o 25 de outubro para envialas!

Lugar de celebración:

Concurso en redes sociais.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Día Nacional do Dano Cerebral