Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | 18/02/2021 | Fragmento da portada do Caderno FEDACE nº 17

Editado un novo 'Caderno FEDACE' sobre inclusión sociolaboral e DCA

Noelia Parente, educadora social de Sarela, forma parte do equipo técnico que elaborou o documento.

18/02/2019

Os Cadernos FEDACE son unha serie de documentos que se elaboran desde a Federación Española de Daño Cerebral aproveitando o coñecemento e a experiencia dos equipos profesionais das asociacións. FEDACE organiza obradoiros temáticos a partir dos que se edita esta serie de guías metodolóxicas de intervención.

O último volume dedícase á inclusión sociolaboral, pero existen tamén cadernos sobre logopedia, traballo social, familias, alteracións condutuais, DCA infantil, neuropsicoloxía, e outros moitos ámbitos de actuación.

Nesta ocasión, un dos membros do comité técnico que elaborou o caderno, coordinado por InterSocial, foi a educadora social de Sarela Noelia Parente, que tamén é a coordinadora do Servizo de Atención Ocupacional da asociación compostelá.

A colección completa pode consutarse na web de FEDACE.
Descarga aquí o Caderno FEDACE nº 17.

Arquivada en: