Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pexels | 04/08/2023 | Coidadora acompaña a unha persoa dependente

Entran en vigor as medidas de mellora nas prestacións e servizos para a dependencia

A norma aprobada polo Goberno incrementa as axudas económicas e fixa unha contía mínima.

04/08/2023

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o 18 de xullo o Real Decreto 675/2023, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. A aprobación da  norma, impulsada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e consensuada con axentes sociais e comunidades autónomas, incrementa as prestacións económicas, establece por primeira vez un importe mínimo nas axudas, aumenta as horas de atención no domicilio e dá maiores facilidades para as persoas coidadoras, entre outros aspectos. A nova lexislación, coa que se reforma o Real Decreto 1051/2013. está en vigor desde o 1 de agosto e afecta a unas 750.000 persoas.
 
A continuación, resumimos as principais mudanzas aprobadas.

Incremento da contía das prestacións económicas

A modificación lexislativa supón unha mellora nas contías, tanto máximas como mínimas, das distintas prestacións económicas de dependencia que existen no noso país:
  • No relativo ao incremento das axudas para coidados na contorna familiar, a contía máxima mensual aumenta de 153 a 180€ para o grao I; de 268,79 a 315,90€, para o grao II, e de 387,64 a 455,40€, para o grao III.
  • No caso da prestacións de asistencia persoal, o importe máximo mensual pasa de 300 a 313,50€ para o grao I; de 426,12 a 747,25€ para o grao III e de 715 a 747,25€ para o grao III.
  • Finalmente, en canto ás axudas vinculadas ao servizo de atención residencial e centros de día, a contía sube até os 313,50€ para o grao I; a 445,30€ para o grao II; e a 747,25€ para o grao III.
Ademais, o decreto tamén establece contías mínimas que até agora non estaban contempladas na normativa estatal. En concreto, fíxanse como importe mínimo 100€ para o grao I, 150€ para o grao II, e 200 euros para grao III nos tres tipos de prestacións.
 
Débese ter en conta que estas novas contías están en vigor desde o 1 de agosto de 2023, polo que teñen efecto con independencia do momento no que se produciu o recoñecemento da prestación económica.

Máis facilidades para persoas coidadoras non profesionais

A reforma relaxa as exixencias para que unha persoa poida acreditarse como coidadora non profesional e, por tanto, poida a recibir a axuda. Até agora, a norma esixía que se tratase dun ou dunha familiar de até terceiro grao e só en casos moi explícitos e xustificables se aceptaban coidadoras que non foran familiares directos. Ademais, exixíase a acreditación dun ano de coidados antes de recibir a axuda.
 
Agora, ademais de eliminar este último requisito, poderán ser persoas coidadoras as e os cónxuxes ou parellas de feito da persoa dependente, parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción até o cuarto grao de parentesco, e persoas do círculo de relacións da persoa dependente.

Aumento horario na axuda a domicilio

A modificación lexislativa tamén supón que se aumentan as horas mensuais da axuda a domicilio co fin de mellorar a resposta ás persoas en situación de dependencia. En concreto, para o grao I, pasarase do máximo de 20 horas a entre 20 e 37 horas; en grao II, das entre 21e 45h ás 38-64h, e no grao III, incrementarase das 46-70 horas a entre 65-94h.
 
Cómpre sinalar que esta medida se aplicará de forma progresiva, polo que as novas intensidades horarias serán de aplicación aos casos que entren en el sistema do Programa Individual de Atención del Servicio de Axuda a Domicilio (PIA de SAD). Para os casos anteriores á aprobación desta reforma, prevese manter as horas previstas agás revisión do caso co fin de aumentar as horas e sempre coa conformidade expresa da persoa dependente.

A teleasistencia, un servizo complementario

A reforma elimina un punto da norma que permitía que o servizo de teleasistencia avanzada fose a única vía de axuda nalgúns casos. A nova norma aclara que este servizo sempre ter que ser complementario ao resto de prestacións contidas no programa individual de atención en calquera dos graos de dependencia, agás no caso do servizo de atención residencial. Deste xeito, non se pode prestar teleasistencia como único servizo a persoas con grao I de dependencia, como viña sucedendo en moitos casos até agora. Ademais, esta prestación non está suxeita á contía mínima establecida para o resto de axudas.
 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información legal
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)