Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

FEDACE lanza unha formación superior en Asistencia Persoal no dano cerebral

O prazo de inscrición na formación, de balde e con 100 horas de duración, remata o 12 de febreiro.
 

09/02/2024 | Santiago | Lugo

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) vén de lanzar o período de inscrición no ‘Programa superior universitario de asistencia persoal no dano cerebral adquirido’.
 
A formación, que se desenvolve en formato online, ten como obxectivo formar a profesionais vinculados á discapacidade para brindar ás persoas con dano cerebral os apoios necesarios en prol dunha vida autónoma e independente. A actividade, de balde, ten 100 horas de duración e realizarase entre o 15 de febreiro e o 15 de maio.

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa está dirixido a alumnado titulado no ciclo de Técnica/o de atención a Persoas en Situación de Dependencia, Técnica/o en Integración Social e/ou Técnica/o en coidados auxiliares de enfermaría. Ademais, as persoas que queiran realizar o programa deben:
  • Ter interese en formarse no eido da asistencia persoal e do dano cerebral adquirido.
  • Ter dispoñibilidade  para realizar a pilotaxe na cidade de Lugo e Santiago.
  • Na selección das participantes terán prioridade as persoas desempregadas, en busca de emprego e da cidade de Lugo e de Santiago.

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN

  • Certificado oficial emitido pola Universidade de La Salle (pendente de recoñecemento de créditos).
  • Imparte: Elena Robles Peña e Marta María Martín Moyano da Federación de Saúde Mental de Castela e León (FEAFES).
  • Contidos e outra información: dispoñibles en anexos, premendo aquí.

PROGRAMA DE PILOTAXE 

A formación compleméntase con un programa de pilotaxe para levar a cabo na asociación ADACE, en Lugo, e de Sarela, en Santiago coas seguintes caracteríaticas:
  • Contrato a media xornada durante 2 meses (como mínimo) baixo a modalidade de prácticas remuneradas. O inicio do contrato poderá ser antes do remate do período do curso formativo.
  • A(s) persoa(s) contratadas levará a cabo as tarefas previstas no Programa Individualizado de Atención. Contará sempre co apoio das profesionais de FEGADACE e das asociacións ADACE Lugo e Sarela.
PRAZAS
Ofrécense 5 prazas para a formación a persoas con residencia en Lugo e outras 5 para persoas de Compostela. De entre o alumnado participante seleccionarase a dúas persoas para realizar a pilotaxe (1 persoa en Lugo e 1 persoa en Santiago).

CONTACTO E SELECCIÓN

FEGADACE será a encargada de facer a selección tanto das persoas candidatas á formación como das que realizarán a pilotaxe. Con este fin, poderase convocar a unha ou varias entrevistas en modalidade telefónica ou virtual.
 
As persoas interesadas no programa deberán poñerse en contacto con Leticia Vila (técnica de formación) ou Carla Miranda (traballadora social) nos teléfonos 689 083 144 ou 881 943 148 ou a través do correo electrónico formacion@fegadace.org indicando no asunto do correo 'Curso e pilotaxe asistencia persoal Lugo ou Santiago',así como indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto.
 
O prazo para poñerse en contacto remata o domigo 18 de febreiro de 2024 ás 00.00h.

PROXECTO RUMBO

A presente actividade enmárcase dentro do Proxecto Rumbo: Cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva que ten por obxectivo impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e á vida independente das persoas con discapacidade. O proxecto está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 a través dos fondos Next Generation e ten por obxecto a transformación do modelo de coidados existente no nos país
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)